Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 14.000 lucenses e visitantes degustaron as propostas gastronómicas do III Concurso de Tapas


# Martes, 25/09/2007
Os días 27 e 28 de setembro reunirase o xurado para seleccionar aos finalistas

Os catro gañadores do concurso coñeceranse o 1 de outubro

O III Concurso de Tapas rematou o pasado domingo, 23 de setembro, tras acadar un notable éxito de participación. Este certame, que é unha das iniciativas do Concello de Lugo para poñer en valor a cociña da cidade, rexistrou a participación de máis de 14.000 lucenses e visitantes, que degustaron as propostas gastronómicas elaborados polos 35 establecementos inscritos no concurso .

Os días 27 e 28 de setembro o xurado oficial reunirase para elexir aos oito finalistas no Gran Hotel de Lugo. Os establecementos seleccionados pasarán á final que se celebrará o día 1 de outubro, cando se coñecerán aos catro gañadores do concurso.

O xurado estará integrado por cinco acreditados profesionais que desenvolven o seu traballo no ámbito da docencia, exercendo a súa labor como profesores de hostalería na provincia de Lugo:

- Celia García Pena
- Carlos Torres Penas
- Jenaro Fieira Noya
- Concepción Carreiras Vizoso
- Juan Luis González Riveiro

Nesta edición o certame conta con 35 participantes, cinco máis que o ano pasado, dos cales 19 participaron na modalidade de tapa creativa e 16 na modalidade de tapa tradicional.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova