O III Concurso de Tapas xa conta cos catro finalistas da modalidade creativa
# Xoves, 27/09/2007
O xurado reunirase este venres, 28 de setembro, para elexir os finalistas da tapa tradicional
xurado integrado polos cinco docentes de hostelería da provincia de Lugo: Celia García Pena, Carlos Torres Penas, Jenaro Fieira Noya, Concepción Carreiras Vizoso, Juan Luis González Riveiro, elixiu os catro finalistas da modalidade de tapa creativa.
Desde as 11:00 horas e ata as 14:00 horas o xurado estivo degustando as 18 tapas que participaron nesta categoría. Tras unha ardua deliberación os catro aspirantes ó 1º e 2º premio de tapa creativa son os seguintes:
Xuliana de lura e vieira con caviar de orizos
RESTAURANTE CAMPOS |
|
Hamburguesa de sepia con pan de marisco coas súas patacas falsas fritas e ata o ketchup de Galicia
HOTEL JORGE I |
|
Cachola de porco celta, caviar de grelos e aire de cachelo
RESTAURANTE ESPAÑA |
|
Carrilleira de ibérico e o viño Mencía
CERVECERÍA LA ESTRELLA |
|
O xurado de finalistas volverase a reunir mañá no Gran Hotel para determinar os catro finalistas na modalidade tradicional para o cal degustará as 15 tapas participantes.
O vindeiro luns, 1 de outubro, un xurado de expertos decidirá cales dos oito establecementos se alzan con algún dos catro premios do 3º concurso de tapas.
Compartir: