O III Concurso de Tapas xa conta cos catro finalistas da modalidade tradicional
# Venres, 28/09/2007
O xurado reunirase o luns, 1 de outubro, para elexir os gañadores
O xurado integrado polos cinco docentes de hostelería da provincia de Lugo: Celia García Pena, Carlos Torres Penas, Jenaro Fieira Noya, Concepción Carreiras Vizoso, Juan Luis González Riveiro, elixiu os catro finalistas da modalidade de tapa tradicional.
Desde as 11:00 horas e ata as 14:00 horas o xurado estivo degustando as 15 tapas que participaron nesta categoría. Tras unha ardua deliberación os catro aspirantes ó 1º e 2º premio de tapa tradicional son os que se mostran na imaxe adxunta.
O vindeiro luns, 1 de outubro, un xurado de expertos decidirá cales dos oito establecementos se alzan con algún dos catro premios do 3º concurso de tapas.
Este xurado estará integrado por catro expertos gastrónomos de recoñecido prestixio:
- Don Roberto Walter Schnellbach, responsable da cociña do Centro Superior de Hostelería de Galicia.
- Don Gonzalo Rodríguez Rei, propietario do Restaurante El Mercadito (Santiago de Compostela) e membro do Grupo Gastronómico Nove.
- Don Javier González Álvarez, propietario do Restaurante A Rexidora (Ourense), galardoado cunha Estrella Michelín e membro do Grupo Gastronómico Nove.
- Don Francisco García Bobadilla, Vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía e Vicepresidente do Slow Food.
A xuntanza comezará ás 10:45 horas coa recepción da Concellería de Cultura, Concepción Burgo, aos catro integrantes do xurado no Salón de Comisións do Concello de Lugo.
Ás 11:00 horas, o xurado comezará o percorrido polo oito establecementos finalistas:
Hora | Modalidade de participación | Nome da tapa e establecemento |
11:15 h. | Tapa Creativa | Hamburguesa de sepia con pan de marisco coas súas patacas falsas fritas e ata o ketchup de Galicia HOTEL JORGE I |
11:45 h. | Tapa Creativa | Carrilleira de ibérico e o viño Mencía CERVECERÍA LA ESTRELLA |
12:10 h. | Tapa Tradicional | Brocheta de rape con crema de gambas e pataca
A TABERNA DO ESPAÑA |
12:25 h. | Tapa Creativa | Cachola de porco celta, caviar de grelos e aire de cachelo RESTAURANTE ESPAÑA |
12:45 h. | Tapa Tradicional | Grelos con marisco
MESÓN DE ALBERTO |
13:05 h. | Tapa Tradicional | Ameixas ó Antas
CAFETERÍA RESTAURANTE ANTAS DE ULLA |
13:20 h. | Tapa Creativa | Xuliana de lura e vieira con caviar de orizos RESTAURANTE CAMPOS |
13:35 h. | Tapa Tradicional | Capricho da casa
CURRUNCHO A NOSA TERRA |
Tras a degustación das oito tapas finalistas polos catro membros do xurado, ás 14:00 horas sentarase a comer e deliberar e ás 17:00 horas comunicarase ós medios de comunicación os catro gañadores así como os dous gañadores de votación popular (Tapa Creativa San Froilán e Tapa Tradicional San Froilán)
Compartir: