Imprimir

O III CONCURSO DE TAPAS XA CONTA COS CATRO FINALISTAS DA MODALIDADE TRADICIONAL


28/9/2007 O xurado reunirase o luns, 1 de outubro, para elexir os gañadores

O xurado integrado polos cinco docentes de hostelería da provincia de Lugo: Celia García Pena, Carlos Torres Penas, Jenaro Fieira Noya, Concepción Carreiras Vizoso, Juan Luis González Riveiro, elixiu os catro finalistas da modalidade de tapa tradicional.

Desde as 11:00 horas e ata as 14:00 horas o xurado estivo degustando as 15 tapas que participaron nesta categoría. Tras unha ardua deliberación os catro aspirantes ó 1º e 2º premio de tapa tradicional son os que se mostran na imaxe adxunta.

O vindeiro luns, 1 de outubro, un xurado de expertos decidirá cales dos oito establecementos se alzan con algún dos catro premios do 3º concurso de tapas.

Este xurado estará integrado por catro expertos gastrónomos de recoñecido prestixio:
- Don Roberto Walter Schnellbach, responsable da cociña do Centro Superior de Hostelería de Galicia.
- Don Gonzalo Rodríguez Rei, propietario do Restaurante El Mercadito (Santiago de Compostela) e membro do Grupo Gastronómico Nove.
- Don Javier González Álvarez, propietario do Restaurante A Rexidora (Ourense), galardoado cunha Estrella Michelín e membro do Grupo Gastronómico Nove.
- Don Francisco García Bobadilla, Vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía e Vicepresidente do Slow Food.

A xuntanza comezará ás 10:45 horas coa recepción da Concellería de Cultura, Concepción Burgo, aos catro integrantes do xurado no Salón de Comisións do Concello de Lugo.

Ás 11:00 horas, o xurado comezará o percorrido polo oito establecementos finalistas:

Hora

Modalidade de participación

Nome da tapa e establecemento

11:15 h.

Tapa Creativa

Hamburguesa de sepia con pan de marisco coas súas
patacas falsas fritas e ata o ketchup de Galicia

HOTEL JORGE I

11:45 h.

Tapa Creativa

Carrilleira de ibérico e o viño Mencía

CERVECERÍA LA ESTRELLA

12:10 h.

Tapa Tradicional

Brocheta de rape con crema de gambas e pataca

A TABERNA DO ESPAÑA

12:25 h.

Tapa Creativa

Cachola de porco celta, caviar de grelos e aire de cachelo

RESTAURANTE ESPAÑA

12:45 h.

Tapa Tradicional

Grelos con marisco

MESÓN DE ALBERTO

13:05 h.

Tapa Tradicional

Ameixas ó Antas

CAFETERÍA RESTAURANTE ANTAS DE ULLA

13:20 h.

Tapa Creativa

Xuliana de lura e vieira con caviar de orizos

RESTAURANTE CAMPOS

13:35 h.

Tapa Tradicional

Capricho da casa

CURRUNCHO A NOSA TERRA



Tras a degustación das oito tapas finalistas polos catro membros do xurado, ás 14:00 horas sentarase a comer e deliberar e ás 17:00 horas comunicarase ós medios de comunicación os catro gañadores así como os dous gañadores de votación popular (Tapa Creativa San Froilán e Tapa Tradicional San Froilán)