Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo presenta o novo libro da colección San Froilán dos Devanceiros 2007 do escritor lucense Darío Xohán Cabana


# Luns, 01/10/2007
Recolle a historia do rexurdir do teatro galego trala Guerra Civil Española

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura Concepción Burgo, presentaron o novo libro deste San Froilán 2007, Cunqueiro e Don Hamlet en Lugo (San Froilán, 1959) obra do escritor e académico lucense Darío Xohán Cabana, presente tamén neste acto .

Conforma o libro número 4 da colección San Froilán dos Devanceiros 2007 da que tamén forman parte outros títulos: Emilia Pardo Bazán en Lugo, de Javier Serrano Alonso; A chegada a Lugo do primeiro tren, de Darío Xohán Cabana e O cinematógrafo nas festas de San Froilán de Lugo, de Fernando Arribas Arias.

Cunqueiro e Don Hamlet en Lugo, fala do rexurdimento do teatro galego despois da Guerra Civil española, coa posta en escea da obra Don Hamlet, polo Teatro de Cámara da ACI da Coruña. Xohán Cabana presenta este momento como un fito histórico que marcou o difícil rexurdir do teatro en Galicia e en galego.

Arredor do ano 1959 o idioma galego atopábase nun mal momento no eido das artes escénicas, ningunha obra de prestixio se representaba nesta lingua. Con esta complicada situación un grupo de lucenses –entre eles Anxel Fole- conseguiron introducir no programa de festas de San Froilán a representación da obra do escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro: O incerto Señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca. Veu a luz un Domingo das Mozas de hai 48 anos.

O autor

Darío Xohán Cabana chairego de nacemento, funcionario do Concello de Lugo e membro numerario da Real Academia Galega, é poeta, narrador, tradutor, conferenciante e ensaísta. Entre os seus moitos libros de poemas figura A fraga amurallada, metáfora da cidade de Lugo.

Xohán Cabana fixo tamén algunha incursión nos estudos históricos, como o extenso ensaio Modios e moios. Nota sobre metroloxía galega medieval.

Recentemente o Concello de Lugo publicou tamén -en galego e castelán- o volume Poetas en Lugo, poemas sobre a cidade lucense escritos por máis de cincuenta poetas, compilados por Darío Xohán Cabana e con traduccións simétricas súas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova