Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A exposición internacional Avancraft abre as súas portas o 4 de outubro


# Luns, 01/10/2007
Na presentación participaron o Presidente e a Vicepresidenta da Deputación de Lugo e a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez e a Concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, Concepción Burgo presentaron este luns a exposición Avancraft impulsada polo Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación de Lugo. Trátase dun proxecto no que tradición, vangarda e deseño camiñan da man para que a artesanía galega e a luguesa en particular, traspasen a fronteira nacional. O resultado de varios anos de traballo a prol de artesanía resúmese na Exposición internacional Avancraft.

Gómez Besteiro destacou que a exposición que abrirá as súas portas ó público o vindeiro xoves “serve para dar a coñecer a nosa artesanía e a nosa cultura, dentro do obxectivo de SUMAR ESFORZOS que se marca a Deputación para os próximos anos”. O Presidente da Deputación salientou ademais a importancia de que o proxecto se faga coincidir coas Festas de San Froilán, dado que son unhas datas nas que a cidade acolle un gran número de visitantes.

Na exposición pódese ver unha selección de pezas resultado do traballo levado a cabo por cada un dos países participantes. En total, 80 pezas de cerámica, xoiería, textil, vidro, etc. Os obxectos que se atopan nesta mostra falan da “Forza do Atlántico” desde a perspectiva particular dos países que forman parte do proxecto (España, Irlanda, Portugal e Francia).

Avancraft persegue o desenvolvemento e difusión dos produtos inspirados na paisaxe e no patrimonio dos países que integran o proxecto. Neste senso, o máximo mandatario provincial salientou a importancia de que “España a través de Lugo somos creadores e impulsores da exposición”.

A Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez lembrou que a exposición Avancraft estará na Capela do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo desde o 4 de outubro ata o 18 de novembro en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas nos días laborales e de 18:00 a 21:00 horas durante os días festivos. A entrada é libre. Lara Méndez indicou que “trátase dun proxecto pioneiro que, ademais da promoción da nosa artesanía, contribúe á dinamización da cultura rexional tanto a nivel nacional como internacional ó tempo que crea un tecido produtivo entre os centros artesanais promotores”.

Pola súa banda, a Concelleira de Cultura e Turismo de Lugo, Concepción Burgo e responsable das Festas de San Froilán, amosou a súa satisfacción porque a Exposición esté aberta ó público durante os días dos festexos. Indicou ademais, que este feito “supón o primeiro síntoma da colaboración que a Concellería de Cultura e Turismo vai manter coa Deputación de Lugo, xa que, economía e cultura non teñen que estar enfrontadas”, indicou Burgo.

Dispositivos Bluetooth

A exposición conta ademais cun sistema novidoso a través dispositivos bluetooth. Estes instalaranse na Capela do Centro de Artesanía e Deseño e na Praza Maior de xeito que, a través da súa activación, todos aqueles que o desexen poderán solicitar e recibir información da Exposición. Neste senso, o Presidente da Deputación indicou que “esta nova tecnoloxía pemite poñer a Avancraft no lugar que queremos, xa que, do contrario non pasaría de ser unha mera exposición.”

Información Avancraft

Avancraft é un proxecto impulsado polo Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación de Lugo e no que participaron case medio milleiro de participantes. O CENTRAD é financieira e xuridicamente a responsable do proxecto que conta cun orzamento que supera o 1.200.000 euros. O presuposto do Centro de Artesanía e Deseño para a posta en marcha do proxecto en Lugo é de 415.000 euros. O 55% é aportados polo INLUDES e 45% restante procede de fondos FEDER.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova