Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O III Concurso de Tapas xa ten as seis propostas gastronómicas gañadoras desta edición


# Luns, 01/10/2007


O III Concurso de Tapas, organizado pola Concellería de Cultura, xa conta cos seis gañadores desta edición: os catro seleccionados polo xurado oficial e os dous vencedores da votación popular.

Durante esta mañá, o xurado visitou os oito establecementos finalistas e tras a degustación das súas tapas concedeu as distincións das imaxes adxuntas.

O xurado de expertos que elixiu ós catro gañadores desta edición estivo composto por catro expertos gastrónomos de recoñecido prestixio:
- Don Roberto Walter Schnellbach, responsable da cociña do Centro Superior de Hostelería de Galicia.
- Don Gonzalo Rodríguez Rei, propietario do Restaurante El Mercadito (Santiago de Compostela) e membro do Grupo Gastronómico Nove.
- Don Javier González Álvarez, propietario do Restaurante A Rexidora (Ourense), galardoado cunha Estrella Michelín e membro do Grupo Gastronómico Nove.
- Don Francisco García Bobadilla, Vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía e Vicepresidente do Slow Food.

Votación popular

Tamén se deron a coñecer os gañadores da votación popular, tras recontar os votos realizados por internet e os depositados nas urnas situadas en cada local.

O Concello de Lugo editará, tras a celebración deste concurso, unha guía na que figurarán os establecementos participantes e promocionará a ruta do tapeo. A finalidade desta guía é servir de material de difusión da gastronomía lucense, e estará presente en todas as feiras turísticas, comerciais e empresariais nas que participe o Concello de Lugo, dentro e fóra de Galicia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova