Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha multitudinaria inauguración de Expolugo augura catro días intensos de feira


# Luns, 08/10/2007


Unha ampla representación de autoridades políticas, económicas e sociais da provincia de Lugo deuse cita hoxe no Pazo de Feiras e Congresos para asistir á inauguración de Expolugo 2007. A mostra multisectorial, cada vez máis centrada no eido gandeiro e agropecuario abriu as súas portas coa vontade de mellorar as cifras de participación do ano pasado, no que se superaron os 21.000 visitantes.

Como ven sendo habitual nos últimos anos, a inauguración da que é a feira máis importante das organizadas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, congregou a moitas das personalidades relevantes e representativas da cidade e da provincia de Lugo.

O acto estivo presidido por Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, e nel participaron ademais Xosé Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, Presidente da Deputación Provincial de Lugo e Eduardo Jiménez, Presidente Executivo da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e presidente da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).

Ademais, participaron do acto e da posterior visita aos máis de 11.000 metros cadrados de exposición Rubén López, Director-Xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo; Jorge Dorribo, Laboratorios Nupel; Lino Rodríguez Anega, alcalde de Pol; Miguel Antonio García, alcalde de Meira; José Luis Raposo, alcalde de Pedrafita do Cebreiro; Antonio Gato, alcalde de Monterroso; Eduardo Vidal Baamonde, Delegado en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible; José Daniel Núñez Segade, Delegado en Lugo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes; María José Rubio Vidal, Delegada en Lugo da Consellería de Sanidade; José Ramón Val Alonso, Delegado en Lugo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos; Antón Bao, Vicepresidente 1º da Deputación Provincial de Lugo; Sonia Méndez García, Concelleira de Economía do Concello de Lugo; Carlos Herrero, Vicerrector do Campus de Lugo (USC); Mª Carmen Fernández, Secretaria del CR Lacón Gallego; Carmen Castelao, Asoc. de Transporte Tradime; José Sánchez Bergantiños, membro do pleno da Cámara de Comercio de Lugo; Manuel López Fernández e Teresa Taboada Candal, do Partido Popular; Olga Méndez Cano, Concelleira Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio; Branca Rodríguez Pazos Delegada en Lugo da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.

Coincidindo coa inauguración da feira, iniciouse dende as 9 da mañá o I Congreso de Veterinarios de ADSG de Galicia, un encontro organizado polo Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo e que contou cunha afluencia próxima ás cen persoas.

As doce deu comezo o I Concurso de Cortadores de Xamón Serrano Cidade de Lugo, que reuniu a doce dos principais cortadores e restauradores de xamón de Galicia. Este primeiro certame foi patrocinado por Torre de Núñez, que cedeu xamóns de vinte meses de curación.

Africor Lugo organizou, coma o pasado ano, o seu Taller de preparación de animais para concursos. Avimós inaugurou o I Concurso-Exposición monográfico da Galiña de Mos.

Os deportes de Lugo tamén foron hoxe parte activa en Expolugo. A plantilla ao completo do Azkar Lugo F.S. asistiu á inauguración e posteriormente asinou autógrafos no stand doe quipo algo que tamén levaron acabo o equipo Senior Masculino do Club Voleivol M.B. Laboratorios Nupel.

Hoxe a afluencia foi discreta (478 personas ás 17:00 horas), pois foi día laborable. Mañá día 5, día central das festas patronais, agárdase xa unha afluencia masiva de visitantes.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova