Imprimir

ENTREGADOS OS PREMIOS DO III CONCURSO DE TAPAS ORGANIZADO POLO CONCELLO DE LUGO


5/11/2007 A Concellería de Cultura editará unha guía de tapeo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, José Francisco Real, entregaron os premios ós establecementos gañadores do 3º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo.

O Alcalde deu a noraboa ós premiados no concurso e afirmou que “cada vez está máis claro o dicho de para comer Lugo”. López Orozco indicou que “Lugo é a terceira provincia de Galicia no turismo polo que animou ós hostaleiros a seguir traballando para mellorar a nosa posición e para iso estamos a traballar na creación dunha empresa mixta de cultura e turismo”.

Pola súa banda a Concelleira de Cultura afirmou “o alto nivel do concurso, un nivel que se ve na calidade das tapas presentadas e o nivel dos membros do xurado que maior importancia lle dan ó concurso”.

No acto tamén estiveron presentes os patrocinadores do concurso: Gran Hotel, Hotel Husa Puerta de San Pedro, D. O. Ribeira Sacra e Cocina & Mesa.

Outorgáronse os seguintes 6 premios:

-2 premios de votación popular, emitidos polo público vía internet o nas urnas depositadas nos establecementos.
-4 premios de votación polo xurado.

Cada un dos premiados recubiu unha placa acreditándolle como gañador e os demais participantes recibirán un diploma de participación no concurso.

Tamén se procederá ó sorteo dos agasallos do concurso entre os 16.000 cupóns cos que votou o público por algun dos establecementos participantes no concurso.

- Os gañadores dos catro fins de semana no hotel HUSA PORTA DE SAN PEDRO, entre as persoas que fixeron a ruta do tapeo foron:
-Verónica Lama del Corral
-Carmen Rodil Martínez
-Luis ramón Pérez pardo
-Juan Manuel Nuñez Rodríguez

- Os gañadores dos catro lotes de viño da denominación de orixe Ribeira Sacra, entre as persoas que fixeron a ruta do tapeo :
-Carlos Fernández garcía
-Javier Sánchez martínez
-Susana Prados López
-Paula Fernández Blanco

- A gañadora da cesta con productos típicos da provincia de Lugo foi Estrella Corredoira López.


A Concellería de Cultura e Turismo editará unha guía do tapeo de Lugo cos establecementos participantes no concurso.