Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os magos máis prestixiosos do mundo amosarán as súas habilidades na gala internacional da maxia


# Mércores, 07/11/2007
Despedirán a V Semana Internacional da Maxia este sábado día 10 de novembro a partir das 21:00 horas

Este xoves continúa a programación con sete actuacións

A quinta edición da Semana Internacional da Maxia “Lugo Máxico” despídese este sábado, día 10 de novembro, cunha gran gala na que se darán cita os magos máis prestixiosos do mundo.

Desta Gala Internacional de Lugo Máxico destaca que todos os participantes deste ano son Premios Mundiais de Maxia en distintas categorías, por elo bautizouse baixo o nome “Os grandes Premios da Maxia”.

A Gala celebrarase no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 21:00 horas e estará conducida polo mago galego Luis Boyano, que presentou anteriormente a gala internacional da primeira edición de Lugo Máxico con gran mestría.

Este mago é Premio Mundial de Mentalismo e un dos magos de máis prestixio internacional nos trucos de mentalismo. Conta cunha extensa experiencia profesional desde que iniciara a súa carreira como mago e mimo ala polo 1984. É Licenciado en Psicoloxía e ten estudios en Interpretación Maxia, Pantomima, Clown e expresión Corporal.

No ambicioso cartel desta gala figuran os grandes representantes da maxia a nivel internacional que amosarán ao público lucense as súas habilidades.

Desde Francia chegan Erick Lantin e Valérie B que presentarán en Lugo un número moi especial e totalmente diferente a todo o que se viu ao longo destas cinco edicións de Lugo Máxico. Esta parella de magos forman un equipo compenetrado e contan cos mecanismos técnicos máis innovadores e espectaculares do momento polo que os seus números sempre resultan excitantes e asombrosos.


O austríaco Otto Wessely coa axuda dos seus dez eficaces axudantes, que son os seus dedos da man, encherá o escenario cun espectáculo de trucos abraiantes mestura de número cómico, con maxia clásica e manipulación.

Procedente de Bélxica, o mago Marc Antoine presentará un número moi persoal no que mestura con grande habilidade os fundamentos da maxia xeral cos da maxia clásica.

A continuación, o francés Norbert Ferré amosará ao público lucense a súa destreza coas mans, que lle levaron a recibir o Premio Mundial da Maxia na categoría de Manipulación. Realizará trucos asombrosos nos que xogará coa axilidade dos seus dedos para deixar aos espectadores abraiados.

Os grandes protagonistas da gala serán The Pendragons, os grandes mestres e pais do ilusionismo moderno. Coas súas desaparicións, voós, e aparicións foron capaces de deixar coa boca aberta aos mesmos Bill e Hillary Clinton.

Estes creadores de soños imprimen aos seus números de ilusionismo un ritmo tan dinámico e trepidante que deixará sen respiracións aos espectadores que fluirán de sorpresa en sorpresa durante o enorme espectáculo. Jonathan Pendragon está calificado como o mestre da imaxinación e inspirou tres novelas, unha das cales foi levada ao cine baixo o título “The Prestige”. A revista Magic magazine o elexiu un dos dez magos máis importantes e influíntes na maxia dos séculos XX e XXI.

Pola súa banda, Charlotte Pendragon é a maga máis recoñecida e prestixiosa de toda a historia da maxia, e como tal a recoñeceu a propia Academy of Magical Arts. O público lucense terá a oportunidade de asistir ao espectáculo de ilusionismo máis extraordinario do mundo.

Programación deste xoves
A programación de Lugo Máxico continúa este xoves, día 8 de novembro, con sete actuacións. O día arrinca ás 11:00 horas co programa de Maxia para escolares que se desenvolverá no Auditorio Gustavo Freire e contará coa participación dos magos Pedro Volta, Enric Magoo, Luis Manuel e Erick Lantin.

O mogo Zancalino será o responsable de amenizar aos transeúntes na Praza Maior con actuacións gratuítas ás 12:30 e ás 18:00 horas.
O ciclo de Maxia na Rúa continúa da mán de Xacobo, Miguelillo e Dr. Marrax, que actuarán na Praza Maior ás 13:00 e ás 18:00 horas.

O Mesón do Forno acollerá a exhibición de Luis Manuel a partir das 21:00 horas e no Cub Babel continuará a noite de maxia co espectáculo que Manu Vera, Pedro Volta, Sasha e Enric Magoo ofrecerán a partir das 24:00 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova