Cargando....
Concello de Lugo
27/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Gala Unipersonal de Lipan and Company achega a Lugo un extraordinario espectáculo de maxia, ilusión e tecnoloxía


# Xoves, 08/11/2007
O programa de Lugo Máxico para este venres, 9 de novembro, inclúe máis actuacións na rúa e no Hospital Xeral

O programa da V Semana Internacional da Maxia “Lugo Máxico” continúa este venres, 9 de novembro, con distintas actuacións, sendo o prato forte do día a Gala Unipersonal de Lipan and Company.

A Maxia da Solidariedade chega ao Hospital Xeral ás 11:00 horas da man dos magos Sasha, Manuel Vera e Luis Manuel.

A Praza Maior servirá de escenario para a actuación de Dr. Marrax que volverá a abraiar cos seus sorprendentes trucos a nenos e a maiores a partir das 18:00 horas.

Os magos Ana Tamariz e Manu Vera deleitarán ao público co seu espectáculo da Cabeza Parlante, que terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Gustavo Freire.

O acto estrela do día é a Gala Unipersonal protagonizada por Lipan and Company e que ofrecerán ás 21:00 horas no Auditorio Gustavo Freire. Os brasileños Lipan and Company presentarán “Traspasando Barreras”, un espectáculo extraordinario no que mesturan a maxia clásica coas grandes ilusións e novas tecnoloxías. Este potente “show” está considerado a mellor exhibición de maxia do panorama nacional.

As entradas para a Gala Unipersonal teñen un prezo de entre 5 e 9 euros, dependendo do preto que se sitúe o asento do esceario. Poden mercarse na web www.caixanova.es ou na taquilla telefónica 902 50 45 00. Por outra banda, o programa detallado pode consultarse na web municipal, www.lugo.es


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova