Cargando....
Concello de Lugo
17/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local estrea dúas motocicletas abrindo a cabalgata


# Venres, 05/01/2007


O Concello de Lugo estrea hoxe, abrindo a cabalgata, dúas motocicletas novas destinadas á Policía Local.

Trátase dun novo investimento da Concellería de Réxime Interior e Protección da Comunidade, que dirixe José Ángel González Corredoira, como medida para renovar o parque móbil a disposición da Policía Local.

Estas dúas motocicletas teñen un custe de 24.000 euros. Son dúas de marca Yamaha, RJ07, de 397 quilogramos de peso cada unha. Trátase de dous novos vehículos de primeira categoría, ao contar con 4 cilindros, 600 centímetros cúbicos e unha potencia real de 72 kw.

Están dotadas de luces estroboscópicas e sirenas multitonais, ademais de equipo de PTT e rotulación policial.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova