Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local detén un individuo como presunto autor dunha agresión a outro


# Venres, 05/01/2007


A Policía Local detén un individuo como presunto autor dunha agresión a outro que se atopaba nas inmediacións da estación de autobuses.
Os feitos tiveron lugar o día 4 de xaneiro, ás 17,30 horas na praza da Constitución. Os axentes foron alertados por un cidadán de que se estaba producindo unha liorta fronte á Estación de Autobuses.
Cando os axentes chegaron ó lugar observaron un individuo no chan e outro de pe que o estaba agredindo. O detido, I. O. C. de 29 anos, de Madrid foi trasladado polos gardas á Comisaría de Policía Nacional onde quedou detido á espera de pasar a disposición xudicial.

A vítima, R. P. R., de 42 anos, veciño desta cidade, foi atendido no lugar polos servizos médicos do 061 e posteriormente trasladado ó Hospital Xeral. Segundo información facilitada, no día de hoxe foi dado de alta hospitalaria.

A Policía Xudicial da Comisaría de Lugo está a investigar a causas que motivaron a liorta.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova