Imprimir

ALFREDO AMESTOY INAUGURA AS CONFERENCIAS DO CICLO XORNALISMO SÉCULO XXI DESTE OUTONO


24/10/2007 Será o xoves 25 de outubro no Círculo das Artes

Alfredo Amestoy será o relator da primeira conferencia do ciclo Xornalismo Século XXI, organizado polo Concello de Lugo e Caixanova. O acto terá lugar o vindeiro xoves ás 20:30 horas no Círculo das Artes baixo o título: La televisión: el rompecabezas.

As primeiras colaboracións do xornalista foron na Gaceta do Norte e na revista gran Vía, na radio na Cadena SER e Radio Madrid. En Televisión dirixiu e presentou programas informativos como Esta es la cuestión, La vida, Vivir para ver ou Treinta y cinco millones de españoles. Ós Premios Nacionais de Televisión, o Quixote de Ouro e Popular de Pueblo uníronse os Ondas e varios TP. Colabora como director de programas e presentador circunstancial de Tele 5.

A próxima conferencia do ciclo será o xoves 29 de novembro a cargo de José Oneto.