Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Programa do Concello de Lugo e Caixa Nova trae El beso de Judas ó auditorio


# Venres, 26/10/2007
A obra especula sobre o que puido ocorrer entre Oscar Wilde e Lord Alfred Douglas

O programa cultural froito do convenio entre Caixanova e o Concello de Lugo continuará o domingo, día 28 de outubro, coa representación da obra El beso de Judas ás 20:30 horas.

O autor da obra, David Hare, leva máis de 25 anos adicado ó teatro, pero tamén é autor de noveles, guións de televisión e recoñecidos textos para o cine como A ferida (polémica película dirixida por Louis Malle con Jeremy Irons e Juliette Binoche e As horas. Nesta ocasión, o argumento da obra especula co que puido ocorrer na relación entre o escritor inglés Oscar Wilde e Lord Alfred Douglas.

O pasado mes de setembro comezou este programa que se alongará ata o mes de xaneiro co concerto de aninovo da Orquestra Sinfónica de Ucrania.

Ademáis haberá unha nova conferencia do ciclo Xornalismo do Século XXI, protagonizada por José Oneto o vindeiro 29 de novembro.

As entradas para a representación de El beso de Judas xa están á venda de xeito anticipado a través da páxina web www.caixanova.es e na taquilla telefónica: 902 504 500. Por suposto, as entradas sobrantes poderán mercarse dende unha hora antes no propio Auditorio.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova