Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Patrulla Verde da Policía Local capturan dous cans que poñían en perigo os animais dunha finca cerrada


# Martes, 09/01/2007


A Patrulla Verde da Policía Local capturou dous cans vagabundos nunha finca da parroquia de San Martiño de Piñeiro. A captura produciuse o día 8, durante a mañá.

O dono da finca denunciou que dende oito días atrás dous cans se adentraban na súa propiedade onde ten unha vivenda e animais (ovellas e galiñas) que corrían perigo de ser atacados, aparte de comer os alimentos que deixaba para os seus cans que ten atados dentro da finca.

Os axentes da Patrulla Verde conseguiron capturar os dous animais, o primeiro, un setter, poideron collelo con aloumiños en cambio o outro, un mastín, non se deixou coller polo que foi necesario capturalo empregando un dardo anestésico. Tras comprobar que ningún dos animais tiña chip de identificación deron aviso ó Servizo de Lacería da Sociedade Protectora de Animais de Lugo quen se fixo cargo deles.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova