Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Cidades Catedralicias ofrecerá información sobre as cidades que a compoñen a través da súa páxina web


# Venres, 26/10/2007
O Concelleiro de Infraestruturas de Lugo asistiu en Salamanca á Asamblea Xeral da rede

A Rede de Cidades Catedralicias celebrou hoxe no Salón de Recepcións do Concello de Salamanca a súa Asamblea Xeral. O Concelleiro de Infraestruturas do Concello de Lugo, José Piñeiro, acudiu o encontro no estiveron presentes os representantes políticos das 17 cidades que compoñen este grupo.

Na xuntanza estudaron e aprobaron, entre outros asuntos, a proposta de deseño da páxina web www.ciudadescatedralicias.org, que nestes intres está en construcción.

Esta páxina ofrecerá información sobre as catedrais que conforman a rede, con fotografías, imaxes virtuais, rutas e novas.

Durante o encontro tratouse tamén a campaña de promoción da rede que se porá en marcha nas oficinas de turismo de cada unha das cidades membro a través de soportes coa imaxe corporativa. Neste senso o Concelleiro de Infraestruturas de Lugo propuso elaborar un folleto desplegable no que se recolla a información de todas as cidades membros da rede. A proposta do representante lucense foi acollida por todos os membros con agrado.

REDE DE COOPERACIÓN
Cidades Catedralicias é unha rede de cooperación turística e cultural, que foi constituida en Plasencia o 8 de febreiro de 2006, cun total de trece socios fundadores, representando ás ciudades de: Ávila, Badajoz, Baeza, Burgos, Córdoba, Coria, Cuenca, El Burgo de Osma, León, Salamanca, Sevilla, Zaragoza e Plasencia.

Posteriormente incorporáronse catro novos socios: Alcalá de Henares e Jaén en septiembre de 2006, e Lugo e Lleida no 2007, co que na actualidade está integrada por 17 cidades.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova