Imprimir

XA ESTÁN Á VENDA AS ENTRADAS PARA AS GALAS DA SEMANA DA MAXIA


29/10/2007 Poderán mercarse anticipadamente na web de Caixanova

O martes día 30 de outubro comezará a venda de entradas anticipadas na páxina web de Caixanova para asistir ás actuacións da Semana da Maxia que terá lugar do 5 ó 11 de novembro e que se presentará o próximo venres día 2 de novembro.

Dende mañá poderán mercarse a través de www.caixanova.es. Así mesmo, poderán mercarse dende unha hora antes do comezo do espectáculo no propio Auditorio Municipal Gustavo Freire.