Cargando....
Concello de Lugo
27/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo presidirá a entrega dos premios do III Concurso de Tapas


# Venres, 02/11/2007
O acto terá lugar o luns, 5 de novembro, ás 12:15 horas no Salón de Plenos do Concello

O acto de entrega dos premios do III Concurso de Tapas, organizado pola Concellería de Cultura, terá lugar o vindeiro luns, día 5 de novembro ás 12:15 horas no Salón de Plenos do Concello. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidirá este acto no que se fará a entrega dos trofeos aos seis gañadores desta edición: os catro seleccionados polo xurado oficial e os dous vencedores da votación popular.

O pasado 1 de outubro o xurado de expertos gastronómicos seleccionou os establecementos gañadores entre oito finalistas:

1º premio de tapa creativa

Cachola de porco celta, caviar de grelos e aire de cachelo

RESTAURANTE ESPAÑA

 

2º premio de tapa creativa

Hamburguesa de sepia con pan de marisco coas súas
patacas falsas fritas e ata o ketchup de Galicia

HOTEL JORGE I

 

1º premio de tapa tradicional

Capricho da casa

CURRUNCHO A NOSA TERRA

 

2º premio de tapa tradicional

Brocheta de rape con crema de gambas e pataca

A TABERNA DO ESPAÑA

 




Votación popular

As tapas elexidas pola votación popular tras recontar os votos realizados por internet e os depositados nas urnas situadas en cada local foron as seguintes:

Tapa creativa San Froilán

Carrilleira de ibérico e o viño Mencía

CERVECERÍA LA ESTRELLA

 

Tapa tradicional San Froilán

Tosta de ensalada de xamón

LE PETIT CAFÉ

 



Estes seis restaurantes recibirán o premio correspondente e os vintenove establecementos restantes que participaron serán obsequiados cun diploma acreditativo.

No acto tamén se realizará o sorteo dunha cesta de produtos típicos de gastronomía galega, entre todas as persoas que votaron no concurso; e de catro fins de semana no Hotel Porta de San Pedro e de catro lotes de viño entre todos os que realizaron a ruta do tapeo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova