Cargando....
Concello de Lugo
28/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A quinta edición de Lugo Máxico contará con máis dunha veintena de magos


# Venres, 02/11/2007
O Concello de Lugo colabora coa organización da Semana Internacional da Maxia que terá lugar do 5 ó 10 de novembro

A quinta edición da Semana Internacional da Maxia. Lugo Máxico 2007, inundará de trucos e misterios a cidade dende o luns ata o sábado día 10. A semana está organizada como todos os anos polo colectivo Waldemar e as empresas Creacións Máxicas e Abracadabra Produccións, e subvencionado integramente pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo, a Deputación Provincial de Lugo e o Xacobeo.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, Antón Veiga, deputado da área de Cultura da Deputación, e o presidente do colectivo máxigo Waldemar presentaron o programa desta reunión internacional de magos. Por suposto, a maxia será a actividade principal nesta semana na que haberá representacións dunha veintena de magos de procedencia local, galega, nacional e internacional para todas as idades e en distintos espazos públicos.

A Concelleira de Cultura explicou que “Lugo é pioneira neste tipo de eventos culturales” e engadiu que “na cidade temos a sorte de ter un colectivo tan importante de magos, por iso dende o Concello queremos facer toto o posible para apoiarles”. Neste senso o Concello aporta 75.000 euros para a súa organización dos 90.000 que supón o custo total da semana.

Ó igual que na pasada edición, os magos non irán ós colexios, senón que serán os rapaces dos centros de ensino da cidade os que acudirán ao Auditorio para presenciar os espectáculos, para ofrecer un espectáculo de máis calidade e con trucos que espazos reducidos non permitían o ano pasado.

O programa desta edición arrinca o luns coa inauguración no Auditorio Gustavo Freire da exposición 2003-2007 unha retrospectiva no tempo, que poderá visitarse durante toda a semana que dura este Lugo Máxico 2007. Trátase dunha mostra na que poderán verse fotografías das catro edicións anteriores.

Aínda así, será a gala das nove da noite a que dará o pistoletazo de saída ás actuacións dos magos coa primeira gala, que estará a cargo do Mago Juan Tamaríz, que xa estivo presente na primeira das edicións do Lugo Máxico. Nesta ocasión presentará o seu espectáculo Magia Potagia

Os catro días seguintes haberá actuacións para escolares no Auditorio Gustavo Freire, nas distintas facultades universitarias, en locais como o Mesón do Forno, Club Babel ou o Clavi, no Hospital Xeral ou na praza Maior. Serán diferentes figuras da maxia as que presentarán os seus espectáculos nestes escenarios.

Ademais, o programa establece outras dúas galas máis en horario nocturno no Auditorio Municipal. O venres, ás nove, actuará Lipan and Company co título Traspasando Barreras.

Pechará este Lugo Máxico 2006 o sábado día 11 a gala de maxia internacional Os Grandes Premios da Maxia. Nesta poderán verse actuacións de Norbert Ferré, Erick Latin e Valérie B de Francia, o belga Marc Antoine, y el austríaco Otto Wessely. Estará presentada polo tamén mago galego Luis Boyano. A actuación estelar da gala correrá a cargo dos estadounidenses The Pendragons, considerados como os “Rolling Stones” da maxia.

Todas as actuacións dos magos serán gratuítas agás as galas, nas que haberá que pagar entre 5 e 9 euros, dependendo do preto que se sitúe o asento do esceario.

As entradas para estas galas poderán mercarse na web www.caixanova.es ou na taquilla telefónica 902 50 45 00. Por outra banda, o programa detallado pode consultarse na web municipal, www.lugo.es.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova