Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A obra de Valle-Inclán será a protagonista do IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX


# Luns, 12/11/2007
Unha conferencia e tres obras compoñen o programa elaborado pola Concellería de Cultura

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo presentou o IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX . Nesta edición a cita teatral estará adicada o gran dramaturgo Valle-Inclán, “o mellor autor de teatro español do século XX”. Neste festival representaranse tres obras de gran calidade a prezos populares entre os días 22 e 27 de novembro no Auditorio Municipal.

O festival arrincará coa conferencia El Teatro de Valle-Inclán da man de Dru Dougherty, Catedrático de Literatura Españona da Universidade de Berkeley, California, o xoves 22 de novembro na Sala Sargadelos. A responsable de Cultura destacou que “é un privilexio para o festival e para a cidade contar co maior especialista en Valle-Inclán que existe no mundo”.

O venres 23 comezarán as representacións teatrais coas tres obras que constitúen o Retablo de Valle-Inclán: La Cabeza de Bautista, Las Galas del Difunto e La Rosa de Papel. O domingo 25 de novembro Producciones Cachivache & Teatro Zascandil levarán ás tablas Los Cuernos de Don Friolera. Para pechar o festival de teatro, o martes 27 de novembro, o público poderá gozar coa obra máis famosa do autor galego, Luces de Bohemia.

A Concelleira indicou que “este festival permite ós lucenses ver un teatro menos comercial que o que se ofrece na actualidade pero vital para coñecer a historia do teatro”.

Os prezos son populares: 6, 8 e 10 euros. Haberá un desconto de 2 ou 3 euros para xubilados, desempregados e estudantes. As entradas, todas elas numeradas, estarán á venda desde o 14 de novembro na web www.caixanova.es e no teléfono de 902 504 500. Tamén poderán adquirirse 1 horas antes de cada función nas taquillas do Auditorio Municipal.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova