Imprimir

AXENTES DA POLICÍA LOCAL DETEÑEN DOUS INDIVIDUOS COMO PRESUNTOS AUTORES DUN DELITO DE ROUBO


15/2/2007

Axentes da Policía Local detiveron dous individuos como presuntos autores dun delito de roubo. Os feitos tiveron lugar, hoxe día 15 ás 01.10 na rúa Yañez Rebolo cruce coa rúa Pintor villamil.

A Patrulla da Policía Local que prestaba servizo nesa zona viu ós dous individuos intentando abrir a porta dun establecemento de hostelería sito no enderezo anterior. Cando os individuos viron á Policía entran noutro establecemento sito nas inmediacións. Os axentes comproban que a porta do bar fora forzada e ademáis presenta un cristal fracturado, polo que de inmediato procederon a identificar aos dos homes que resultaron ser pai e fillo. O pai J.B.J. de 47 anos, o fillo, un mozo de 17 anos , ambos veciños de Lugo.

Ós detidos fóronlles incautados un desaparafusador, dúas navallas e un xogo de chaves dun turismo.

Os dous homes foron trasladados a Comisaría de Policía Nacional onde o maior de idade quedou detido e o menor acompañado dun familiar pasou ó domicilio, ambos á espera de pasar a disposición xudicial.

Axentes da Policía Nacional localizaron na rúa Yañez Rebolo, ás 4,00 horas, un vehículo sustraído ó que pertencían as chaves que lles foron incautadas ós detidos.