Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 10.000 persoas disfrutaron coa Semana Internacional da Maxia de Lugo


# Luns, 12/11/2007
O ilusionismo estivo presente en rúas, aulas e escenarios de toda a cidade

A quinta edición da Semana Internacional da Maxia. Lugo Máxico bateu records de asistencia. Máis de 10.000 persoas asisteron á vintena de actos organizados nestes seis días de maxia na cidade.

As tres grandes galas celebradas no auditorio o luns, venres e sábado conseguiron xuntar a máis de 2.500 persoas, e no caso da derradeira chegouse a colgar o cartel de non hai entradas.

A maxia estivo presente en toda a cidade. Ó longo da semana centos de alumnos de varios colexios achegáronse ó auditorio para asistir ás galas matinais, os estudiantes da Universidade puideron disfrutar na Facultade de Empresariais co mago Merpin e Sasha, Manu vera e Luis Manuel ilusionaron coa súa maxia ós pacentes hospitalizados do Hospital Xeral.

O bo tempo permitu que fosen moitos os lucenses que desfrutaron coa maxia na rúa. As actuacións ó aire libre de Xacobo, Dr. Marrax e Miguelillo deron un enorme colorido a cidade neste consolidado certame internacional.

O certame reuniu na cidade a magos de prestixio internacional como os californianos The Pendragosn, que levaban 16 anos sen actuar en España, Erick Lantin & Valérie B que sorprenderon coas súas desaparicións ou Norbert Ferré que fixo as decilias do público mezclando o humor con increibles manipulacións ou o espectáculo do arxentino Lipan Jr.

Exitosa foi tamén a actuación de Juan Tamariz, que volveu a cidade amurallada cinco anos despois da súa última actuación para ofrecer o seu espectáculo Maxia Potaxia co que demostrou que segue a ser un dos grandes da maxia.

E onde se voltou a conseguir o abarrote foi nos espectáculos organizados no Mesón do Forno, no Club Clavicémbalo e no Pub Babel. Nestes escenarios pasaron propostas máxicas tan dispares como o ácido humor do arxentino Merpin ou a elegancia e romanticismo de Pedro Volta.

O éxito do certame animou ós organizadores da semana da maxia a traballar para organizar xa a Semana da Maxia do 2008. Tras os resultados deste ano non cabe dúbida de que Lugo Máxico estase a converter nun referente para outras cidades e conscientes de que Lugo xa é, alo menos durante unha semana, capital mundial da maxia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova