Imprimir

A POLICÍA LOCAL DETÉN UN INDIVIDUO COMO PRESUNTO AUTOR DE VARIOS ROUBOS POLO PROCEDEMENTO DO TIRÓN


26/2/2007

A Policía Local detivo un individuo como presunto autor de varios roubos polo procedemento do tirón. Os axentes foron alertados por unha chamada ao 092 de que se acababa de producir un roubo dun bolso a unha muller que paseaba acompañada doutra pola rúa San Pedro. Os feitos ocorreron ás 18,15 horas do día 25, na rúa San Pedro. A vítima denunciou aos axentes que un mozo lle acababa de arrebatar de forma violenta o bolso que levaba na man e que contiña diñeiro e varios obxectos personais, facendo unha descripción das carasterísticas físicas e de vestimenta do autor do roubo.

Varios axentes iniciaron de inmediato a búsqueda que finalizou co resultado da detención do presunto autor J.P.L. de 29 anos, veciño de Lugo, na praza Maior.
Os axentes incautáronlle ó detido a totalidade dos cartos roubados e unhas tesoiras que coincidían coa denuncia formulada pola muller.

O bolso foi recuperado pola vítima nas galerías da rúa Xoan Montes coa rúa Raíña, xa que un home, testemuña dos feitos, saíu correndo detrás do autor que o verse perseguido colleu a carteira e tirou o bolso.
Segundo as investigacións da Policía Local o detido é o presunto autor de varios roubos por este procedemento que tiveron lugar nesta cidade durante a fin de semana e estaba sendo buscado polas Forzas e Corpos de Seguridade.