Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un furgón, unha furgoneta e dúas motos se incorporan á Policía Local


# Venres, 09/03/2007
Supoñen un investimento de 65.000 euros

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira, presentou hoxe publicamente catro novos vehículos que se incorporan ao parque móbil da Policía Local.

O Concelleiro supervisou os novos vehículos na compaña do Director do Parque Móbil do Concello de Lugo, José Reigosa.

Deste xeito, incorpórase un novo vehículo para o Servizo de Atestados, un vehículo mixto e dúas motocicletas.

Estes vehículos supoñen un investimento de 65.000 euros. O furgón ten un orzamento de 33.787 euros, o vehículo 12.300 e as dúas motocicletas custan 24.250 euros.

As dúas motocicletas teñen unha ciclindrada de 600 centímetros cúbicos e terá unha función protocolaria principalmente.

O Concelleiro indicou que unha das iniciativas levadas a cabo polo equipo de goberno foi o investimento dun total de 851.761 euros en renovación do parque móbil, o que supuxo un total de 5 vehículos e 8 motos novas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova