Imprimir

UN HOME DE 82 ANOS RESULTA FERIDO GRAVE NUN ATROPELO NA AVDA. DE GARABOLOS


14/3/2007

Un home de 82 anos foi atropelado hoxe, ás 12,45 horas na avda de Garabolos fronte da rúa Caravel.

O equipo de atestados da Policía Local trasladouse o lugar para levantar o correspondente atestado.
Segundo as primeiras investigacións, E.N.C. de 82 anos e veciño desta cidade cruzaba a avda. de Garabolos dende a rúa Caravel para coller o autobús por un lugar non habilitado cando foi atropelado polo turismo B6014HL, conducido por M.P.F.D. de 54 anos veciña de Lugo.

O peón foi atendido no lugar por unha ambulancia medicalizada do 061 e trasladado ó Hospital Xeral onde está sendo atendido.