Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local denuncia a dous mozos de Lugo con proposta de retirada dos 12 puntos do permiso de conducir


# Luns, 19/03/2007


A Policía Local denunciou a dous mozos de Lugo por infraccións a normativa de Seguridade Vial na madrugada do día 18, que conlevan a perda da totalidade dos puntos.

O primeiro viuse implicado nun accidente de circulación na ronda da Muralla fronte ao nº 60, ás 3.00 horas. O turismo que conducía saíuse da calzada pola marxe esquerda e colisionou contra un cubo da Muralla. O condutor, J.C.F.A., de 19 anos e veciño de Lugo, arroxou un resultado positivo nas probas de alcoholemia de 0,45mg/l (condutor novel). A denuncia por este motivo leva aparellada unha perda de 6 puntos e tamén foi denunciado por unha presunta condución temeraria que leva acompañada unha perda de 6 puntos. Este accidente, que se saldouse sin feridos e con danos na zona verde e no cubo da muralla, segundo os primeiros indicios apunta a un exceso de velocidade.

O segundo condutor denunciado con perda da totalidade dos puntos do permiso de conducir foi A.V.L., de 24 anos e veciño desta cidade. Este mozo conducía o turismo C0295BT, ás 3.52 horas do día 18, cando foi sorprendido nun control de velocidade circulando a unha velocidade de 98 km/h, na ronda da Muralla fronte ó nº 160.
O condutor esquivou ós axentes debidamente uniformados facendo caso omiso das señales de alto coas linternas regulamentarias e facendo zigzag deuse á fuga. Momentos máis tarde unha patrulla da Policía Local conseguiu interceptalo na avda. Rodríguez Mourelo. Os axentes formuláronlle as correspondentes denuncias, a primeira por exceso de velocidade, que conleva neste caso unha perda de 6 puntos, e a segundo por unha presunta condución temeraria, que supón outros 6 puntos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova