Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local detén un individuo que causa diversos desperfectos nun bar e agrede ós axentes


# Luns, 26/03/2007


A Policía Local detivo un individuo que presuntamente causou varios danos nun bar sito na rúa Fermín Rivera, agrediu ós clientes e saíu á rúa dando golpes coa man aos vehículos estacionados.

Os axentes foron alertados destes feitos a través dunha chamada ao 092 e de inmediato unha patrulla que estaba nas proximidades procedeu á detención de J.M.F.F., de 26 anos, veciño de Lugo. O mozo foi localizado nas inmediacións e informou á Policía que fora agredido e que necesitaba que o trasladaran a un centro hospitalario. Cando ía ser trasladado, o mozo púxose moi agresivo e tivo que ser ingresado no Hospital Xeral posiblemente debido á inxesta de psicotrópicos, xa que no rexistro efectuado posteriormente á detención foronlle incautados 4 g. dunha sustancia presumiblemente "Éxtase Cristalizado".

O individuo quedou detido no módulo especial do Hospital Xeral onde foi atendido por persoal especializado.

O propietario do local presentou a denuncia polos danos ocasionados entre eles a rotura de cristais dunha ventá e nunha máquina tragaperras.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova