Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A modernización da Policía Local necesitou dun investimento de máis dun millón e medio de euros


# Mércores, 11/04/2007
González Corredoira fixo un balance destes catro anos de traballo na festa deste corpo, que festexa 145 anos da súa creación

O proceso de modernización da Policía Local nestes catro anos supuxo un investimento total de 1.687.845 euros, tal e como indicou o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira no transcurso dunha sesión informativa durante a celebración da festa patronal deste corpo.

A Policía Local festexou hoxe o 145 aniversario da súa creación, coa que xa é a edición número 16 desta celebración. Nesta ocasión o Voceiro do equipo de goberno, José Ramón Gómez Besteiro, foi o encargado de substutuír ao Alcalde na revista das tropas que se realizou fronte á Casa Consistorial. Estivo acompañado polo Concelleiro de Protección da Comunidade, por membros da Corporación e por diferentes autoridades civís e militares.

O Concelleiro explicou hoxe que no capítulo de investimento os orzmentos destinados á Policía Local foron derivados a seis grupos de traballo diferente. No primeiro apartado cambiouse completamente a uniformidade de todos os axentes optando polo bicolor, máis propio das grandes cidades e o cambio de 83 armas por outras máis modernas. Este cambio supuxo tamén a remodelación doutros complementos como cascos de motoristas, uniformes de gala, botas e pantalóns.

O edificio que acolle a Delegacion cambiou de forma drástica para ofrecer unha mellor imaxe ao público que ten que atender. De feito, en obras de adaptación e en mobilizario investíronse 137.890 euros, dos que 29.847 están destinados ás obras que se están realizando actualmente na unidade de Atestados.

Estes catro anos foron tamén responsables dun importante proceso de informatización para o que foron necesarios 117.965 euros. Supuxo a instalación de ordenadores en todos os postos de traballo (antes non había) e 82 novos radioteléfonos.

Para actuacións complementarias dos axentes foron incorporados a este servicio un radar, un GPS, un etilómetro e dous sonómetros para o control de ruidos.

Por outra banda, o parque móvil renovouse en máis do 60% do mesmo. Dos 11 vehículos existentes cando José Ángel González Corredoira se fixo cargo da Delegación cambiáronse 6 deles e incorporáronse oito motos máis ás nove que xa había.

O cambio fundamental produciuse no apartado de Tráfico, coa posta en marcha da Sala de Control de Tráfico, cun orzamento de 450.000 euros (xestionada polo anterior equipo de goberno). Implantouse tamén un sistema de control de accesos ao centro histórico (os bolardos) e investiuse na rede semafórica. Neste apartado os cambios principais foron o cambio de color para adaptalos máis ao seu contorno, a implantación das ópticas leds, os contadores de tempo e o sistema acústico.

Asimesmo, introduciuse a fibra óptica en toda a cidade e se incorporou a zona 3 ao control xeral de tráfico con cámaras, ademais da semaforización de seis cruces considerados perigosos.

No apartado de sinalización horizontal e vertical o investimento foi de 323.000 euros no 2006, fronte aos 303.300 do ano pasado e os 250.293 do 2004.

Neste apartado destacan 827 sinais novas, cen prazas de estacionamento para persoas con discapacidade, 800 bolardos e 48 aparcamentos para motos. A esto hai que sumar a nova sinalización reflectante para os colexios, e a do Camiño de Santiago, os paneis informativos, as bandas deceleradoras, os pasos elevados e o repintando constante das rúas.

O Concelleiro indicou que o cambio é sustancial e era necesario para Lugo. “Agora xa están sentadas as bases para o desenvolvemento do proceso de modernización que aínda queda por levar adiante de forma completa, aínda que a base xa está feita”, dixo.

A festa da Policía continuou cunha misa no altar do Bo Xesús, na Catedral, e un aperitivo no Círculo das Artes.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova