Imprimir

AXENTES DA POLICÍA LOCAL RECUPERAN UN CAMIÓN SUSTRAÍDO


17/4/2007

Axentes da Policía Local recuperaron o domingo, día 15, o vehículo matrícula 1991CMP que fora sustraído nas instalacións dunha nave da Campiña.
O vehículo, segundo a denuncia formulada polo propietario, foi estacionado o pasado venres ,día 13, no recinto da nave da que persoas descoñecidas forzaron o candado da porta e sustraeron o camión.
Os autores desta sustración causaron diversos danos no vehículo e levaron os obxectos persoais que se atopaban na cabina do mesmo.
A Policía Local localizou o vehículo nun descampado da parroquia de Labio, nas inmediacións do antigo vertedoiro, e retirouno para o Depósito á espera de que o propietario se fixera cargo.

As forzas e Corpos de Seguridade estan investigando a autoría deste roubo.