Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local detén dous individuos de orixe rumana como presuntos autores dun delito de roubo


# Mércores, 02/05/2007


Axentes da Policía Local detiveron hoxe, día 2 de maio, ás 5.30 horas a dous individuos de orixe rumana como presuntos autores dun delito de roubo no establecemento comercial dedicado a droguería e perfumería sito na rúa Bispo Aguirre cruzamento coa rúa cregos.

Os axentes que prestaban servizo pola zona viron que o enreixado do local estaba parcialmente levantado e a porta do interior forzada, polo que accederon ó interior.

Os gardas localizaron escondidos detrás do mostrador aos dous individuos, a caixa rexistradora reventada e 15 bolsas de lixo que contiñan diversos productos de droguería e perfumería.

M.A. de 32 anos, de Romanía e M.G. F., de 21 anos da mesma nacionalidade foron detidos e trasladados a Comisaría á espera de pasar a disposición xudicial.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova