Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Axentes da Policía Local deteñen un individuo como presunto autor dun intento de agresión con arma blanca a un mozo


# Martes, 15/05/2007


Axentes da Policía Local detiveron onte, día 14 de maio, ás 20.27 horas, na rúa Lamas de Prado, un individuo como presunto autor dun intento de agresión con arma blanca. Segundo denunciou a vítima ós axentes, cando ésta se encontraba nun bar sito na rúa Lamas de prado o home, que posteriormente identificou, intentou clavarlle unha navalla.
O detido, J.C.B., de 61 anos e veciño de A Coruña foi trasladado a Comisaría de Policía á espera de pasar a disposición xudicial.
O denunciante, un mozo de 26 anos, veciño de Lugo informou os axentes que o agresor deixara a navalla no bar.
Os gardas incautáronse dunha navalla de 9 cm que presumiblemente pertencía o detido.
A Policía está a investigar as causas que motivaron estes feitos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova