Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local está a investigar un posible vertido dalgún líquido tóxico á rede de sumidoiros


# Mércores, 30/05/2007


Axentes da Policía Local do Servizo de Patrulla Verde están a investigar un posible vertido dun líquido tóxico na rúa López Guntin.
Os feitos tiveron lugar o día 29 de maio ás 20,05 horas. A Policía Local recibiu unha chamada do 112 informando que dúas persoas, veciñas do nº 63 da rúa dos Gardas, foran atendidas no Hospital Xeral por posible intoxicación leve.
Os axentes cando chegaron o lugar foron informados polos veciños deste inmoble, os cales denunciaron que momentos antes en varios habitáculos das vivendas especialmente nas cociñas e nos baños había un forte olor posiblemente dun producto tóxico.

Os gardas inspeccionaron o edificio e comprobaron que polos tubos de saída de gases e por un sumidoiro do patio de luces percibíase un cheiro posiblemente de verniz. O edificio conta con subministro de gas ciudad motivo polo que se deu aviso ao técnico de Gas Ciudad que comprobou que non había escape de gas.
A Policía inspecionou os sumidoiros da rúa López Guntín onde detectaron restos dun líquido pegañoso e con olor a verniz no sumidoiro que coincide coa parte traseira do edifico afectado.
Axentes da Patrulla Verde tomaron mostras do vertedura e estan a investigar as causas da mesma.
Unha dotación de Bombeiros de Lugo desprazouse ó lugar para botar auga no sumidoiro e diluír o efecto da vertedura.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova