Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo de Extinción de Incendios e a Policía Local interviron para sufocar un pequeno incendio


# Venres, 20/07/2007


Os Bombeiros e a Policía Local tiveron que intervir esta mañá, para sufocar un pequeno incendio nun piso do nº 13 da rúa Portugal.

Os feitos tiveron lugar ás 10.20 horas de hoxe, día 20. Un veciño informaba ós servizos de emerxencia que por unha ventá do piso 3º deste inmoble estaba saíndo gran cantidade de fume.

Os bombeiros desprazaron ó lugar dúas dotacións e accederon ao 3º piso onde se estaba producindo o incendio por unha ventá que se atopaba aberta. Xa no interior comprobaron que o fume procedía dun rollo de papel hixénico que estaba ardendo ó quedar unha colilla encendida. Non se rexistraron danos na vivenda que nese momento estaba deshabitada.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova