Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local detén un individuo como presunto autor dun delito de agresión sexual


# Luns, 30/07/2007


A Policía Local detivo un individuo como presunto autor dun delito de agresión sexual a unha moza de 24 anos, veciña desta cidade.
Os axentes foron alertados destes feitos a través dunha chamada ó 092, e de inmediato unha patrulla trasladouse ó lugar onde o presunto agresor estaba sendo retenido polos pais da moza.
Os feitos tiveron lugar nun edificio do barrio de Fingoi, o día 28 de xullo, ás 6.30 horas, ó parecer a moza entrou no portal do seu domicilio e víuse sorprendida por un individuo que a seguiu ata o ascensor.
Unha vez dentro do ascensor o individuo intentou agredir sexualmente a moza que puido pedir axuda mentres intentaba escapar do agresor. Os pais oiron a voz da filla pedindo auxilio e conseguiron evitar a agresión e reter ó individuo no portal.
O presunto autor da agresión, A.A.P. de 23 anos, natural de Portugal e con domicilio en Lugo, foi trasladado por axentes da Policía Local á Comisaría de Policía Nacional onde se intrúen as correspondentes dilixencias xudiciais.
A Policía Nacional está a investigar estes feitos, que nun principio, e a espera de outras averiguacións, todo indica de que se trata dun feito illado, xa que o presunto autor dos mesmos carece de antecedentes. O individuo pasará hoxe a disposición xudicial.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova