Imprimir

ACCIDENTE EN ESTRADA VELLA DE SANTIAGO


30/10/2007

O Equipo da Unidade de Atestados, de servizo na tarde do día de hoxe, instrúe dilixencias por un accidente de circulación ocorrido as 16:00 horas, na Estrada Vella de Santiago, a altura da intersección de esta rúa cá pista que conduce a Casas Novas. A furgoneta matrícula LU-2730-T embiste de forma perpendicular a parte dianteira do lateral esquerdo do cadriciclo matrícula C-6659-BJB no que viaxaba un matrimonio veciño de Lugo, o condutor A.C.R. e maila súa esposa V.N.R., que resultan feridos de prognóstico leve. No acceso dende a pista cara a Estrada Vella de Santiago rexe a sinalización vertical de Stop.