Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Patrulla Verde da Policía Local de Lugo denuncia infraccións cometidas o pasado día 25 de outono


# Luns, 05/11/2007


A Patrulla Verde da Policía Local de Lugo ven de denunciar, ante a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, as infraccións cometidas por J.L.C.V., veciño de Lugo, contra a lexislación estatal e autonómica que regula a tenza de Animais Potencialmente Perigosos. Os feitos ocorren cando o pasado día 25 de outono o citado identificase como propietario dun can de raza rottweiler que se atopaba solto na parroquia de Santa María de Muxa. Dito can tiña atemorizados os veciños posto que corría a carón dos vehículos que pasaban polo lugar, ladrando a estes. Un equipo da Patrulla Verde desprazouse ó lugar e houbo de capturar o can con dardos anestésicos en evitación de maiores riscos, o tratarse dun animal corpulento e dos considerados perigosos, precisándose dúas doses de anestésico para adormecelo. Posteriormente foi trasladado ata as instalación da Sociedade Protectora de Animais e Plantas onde quedou custodiado ata a chegada do seu dono. O animal carecía de microchip identificativo e non estaba rexistrado no censo municipal de animais perigosos; ademais o seu dono carecía de licenza para a súa tenza.

Os feitos ocorren o mesmo día no que a unidade policial localiza en penoso estado (extremada delgadeza) e malas condicións hixiénico-sanitarias (atados e sen lugar onde acubillarse, sen auga limpa e no momento da inspección un deles comía os seus propios excrementos) os tres cans da parroquia de Teixeiro, feitos que asemade foron denunciados perante a consellería, e que como no caso anterior carecían de microchip e non estaban inscritos no censo municipal, sendo un deles de raza potencialmente perigosa (doberman). O dono dos mesmos resultou ser D.P.A, veciño de Lugo, e carece de licenza para a tenza dun animal potencialmente perigoso.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova