Imprimir

INCENDIO EN CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIÓNAL


8/11/2007

Unha dotación da Inspección Principal da Policía de Barrio da Policía Local trasladouse no día de hoxe, as 14:40 horas, ata o centro de formación ocupacional Ramón Falcón sito no Paseo dos Estudiantes, lugar onde observábase unha columna de fume procedente do seu tellado.

Os compoñentes da dotación comprobaron que na nave dun taller do centro había fogo, motivo polo cal fixeron uso dunha mangueira de incendios sita no lugar ó tempo que chamaban o Servizo de Bombeiros.
Os bombeiros remataron os seus labores ás 16:00 horas.
Este fogo prodúcese polas operacións de secado de canlóns e se inicia nunhas placas de fibra do tellado estendéndose por varias de estas placas, no obstante non se ocasionou ningún dano no interior da nave, nin en outros elementos que as propias placas de fibra.