Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Desvío do tráfico da Ronda por Cidade de Vigo, Hermanitas e San Roque


# Luns, 15/01/2007
A saída de residentes e a carga e descarga farase pola porta de San Pedro. Os buses urbanos continuarán pasando pola Mosqueira

Mañá, martes, cortarase ao tráfico o treito da Ronda da Muralla comprendido entre a praza da Constitución e a rúa San Roque. Este corte débese á continuación das obras de reurbanización que a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo realizan no último treito da Ronda que quedaba por acondicionar e que se iniciaron o día 8 de xaneiro.

Estas obras están a levar un adianto importante polo que este corte realizarase antes do previsto. Así o avanzou hoxe o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira.

A partir de mañá, martes, o tráfico será desviado da Ronda da Muralla á altura da intersección coa rúa Vilalba e retornará novamente á Ronda pola rúa San Roque. O desvío provisorio terá o itinerario seguinte: rúa Vilalba, praza Irmáns Pedrosa, rúa Anxo López Pérez, praza da Constitución, rúa Cidade de Vigo, rúa Hermanitas, rúa San Roque e Ronda da Muralla.

O Concelleiro indicou que esta modificación contemplará a supresión da Zona ORA nas rúas Cidade de Vigo, Hermanitas e San Roque, así como a desaparición daqueles aparcamentos que interrompan o correcto tránsito do tráfico.

González Corredoira indicou que as 12 liñas de autobuses que se verán afectadas por este novo corte continuarán durante unha semana por unha ruta diferente, por Anxel López Pérez, Cidade de Vigo, A Mosqueira e entrando por Comandante Manso para continuar coa súa ruta habitual.

Os residentes do treito da Ronda da Muralla comprendido entre as rúas Cidade de Vigo e San Roque, accederán e sairán dos seus garaxes a través da praza de Comandante Manso, polo lugar habilitado ao efecto.

Con este cambio, refórmase tamén o sentido de circulación para os residentes, servicios do Colexio Pais Franciscanos e usuarios das cargas e descargas do recinto histórico. Estes grupos accederán, dende o 16 de xaneiro ata novas instruccións, pola Porta de Santiago e sairán pola Porta de San Pedro, que será aberta ao tráfico e disporá dun semáforo provisorio. O itinerario a seguir dentro do interior do recinto amurallado será: praza Pío XII, rúa dos Clérigos, rúa Deán Fernández Varela, rúa Alférez Provisional, praza Maior (lateral do Colexio PP. Franciscanos), praza do Campo Castelo e rúa San Pedro.

Os vehículos de máis de 3,5 metros de altura farán uso das zonas de carga e descarga da praza de Santo Domingo e da rúa Armanyá posto que non poden acceder pola Porta Santiago.

O Concelleiro indicou tamén que os usuarios da estrada de Asturias disporán dunha ruta alternativa e sinalizada por Ramón Ferreiro, Fontiñas e Carlos Azcárraga para evitar o uso da rúa Montero Ríos e evitar aglomeracións.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova