Imprimir

O CONCELLO CAMBIA E INSTALA NOVOS SINAIS DE ALUMINIO NO CENTRO HISTÓRICO


15/5/2007 As primeiras actuacións serán en Praza Maior, Pío XII, Bispo Aguirre, Porta Miña, María Balteira e no control de accesos

O Gabinete de Tráfico do Concello de Lugo, dependente da Concellería de Protección da Comunidade que dirixe José Ángel González Corredoira, acometerá estes días o proceso de instalación de novas sinais de aluminio na zona monumental e centro histórico da cidade.

Esta medida englóbase dentro do plan de sinalización previsto por esta delegación para substituír os actuais sinais normativos de aceiro galvanizado por outros de aluminio anodinado, lacados en cor negra oxirón. Estes novos sinais contan coa característica de reflectancia nivel I e teñen unha lámina transparente antigrafitti.

Nunha primeira fase actuarase en:

• Praza Maior. Sustituirase a bandeirola da oficina de información de turismo e instalarase unha S-17 (dúas prazas de discapacitados, diante dos Franciscanos).
• Pío XII. Sustitución da R-101 (saída hacia a ronda) e da R-100 (zona peonil de acceso á muralla).
• Bispo Aguirre., Fixarase o sinal R-400 no poste do panel, de saída hacia a Ronda.
• Porta Miñá, R-100 (zona peonil).
• María Balteira, sinal R-307 con 6 metros e de zona peonil.
• Control de Accesos de Santo Domingo/Progreso, Santo Domingo/Tte. Coronel Teijeiro, Ronda Muralla /Vilalba e Ronda Muralla /Porta Santiago.

Unha vez rematada a renovación e ampliación da sinalización do centro histórico da cidade, continuarase a actuar naquelas rúas que necesiten remodelacións de sinais.

O Concelleiro indicou que se trata dunha medida coa que se tenta manter unha sinalización acorde co centro histórico, respectando o seu valor histórico e paisaxístico.