Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Apertura do tráfico na ronda da Muralla, Aviador Pardo Cerezo, Prolongación de Manuel María e prolongación da rúa do Pomar


# Xoves, 24/05/2007


Os tramos da ronda da Muralla desde a Porta de Santiago a rúa Vilalba e desde a praza da Constitución á porta San Pedro quedaron abertos ó tráfico hoxe, día 24 de maio, as 12.00 horas.

As rúas Cidade de Viveiro e Pascual Veiga e Cedrón del Valle no tramo comprendido entre Xeneral Tella e Cidade de Viveiro retornan ó sentido de circulación que tiñan antes do comezo das obras ( saída cara á porta de Santiago).

As rúas Aviador Pardo Cerezo, a prolongación da rúa Manuel María no tramo comprendido entre a rúa das Fontes e Mar Cantábrico e a Prolongación da rúa do Pomar coa avda. das Américas tamén quedaron hoxe abertas ó tráfico.

Os axentes da Policía Local estiveron pendentes de que o tráfico fose fluído e se adaptara á nova situación.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova