Imprimir

APERTURA DO TRÁFICO NA RONDA DA MURALLA, AVIADOR PARDO CEREZO, PROLONGACIÓN DE MANUEL MARÍA E PROLONGACIÓN DA RÚA DO POMAR


24/5/2007

Os tramos da ronda da Muralla desde a Porta de Santiago a rúa Vilalba e desde a praza da Constitución á porta San Pedro quedaron abertos ó tráfico hoxe, día 24 de maio, as 12.00 horas.

As rúas Cidade de Viveiro e Pascual Veiga e Cedrón del Valle no tramo comprendido entre Xeneral Tella e Cidade de Viveiro retornan ó sentido de circulación que tiñan antes do comezo das obras ( saída cara á porta de Santiago).

As rúas Aviador Pardo Cerezo, a prolongación da rúa Manuel María no tramo comprendido entre a rúa das Fontes e Mar Cantábrico e a Prolongación da rúa do Pomar coa avda. das Américas tamén quedaron hoxe abertas ó tráfico.

Os axentes da Policía Local estiveron pendentes de que o tráfico fose fluído e se adaptara á nova situación.