Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Gabinete de Tráfico estrea no CEIP Illa Verde un programa de educación viaria para nenos


# Xoves, 24/05/2007
Trátase dunha experiencia pedagóxica deseñada especialmente para os pequenos

O Gabinete de Tráfico pón en marcha un novo programa de educación viaria que se estrea no CEIP Illa Verde nas xornadas de hoxe, e mañá, xoves, en horario escolar. Hoxe, mércores, asistirán os alumnos de 1º de 10:30 a 12:00 horas, e de 2º de 12:30 a 14:00 horas; e o grupo de 3º participarán mañá de 12:30 a 14:00 horas. Está previsto que este programa se imparta en outros centros educativos da cidade a partir do vindeiro curso.

Esta iniciativa está inspirada nas políticas holandesas de educación viaria, que son as máis completas da Unión Europea, e completa a programación formativa deseñada polo Parque Infantil de Tráfico. Trátase dunha experiencia pedagóxica que está especialmente deseñada para nenos de idades temperás e aposta polo fomento de condutas viais baseadas na prevención de riscos.

Os primeiros participantes neste programa van ser os 75 escolares de Primaria do CEIP Illa Verde, que asistirán as actividades impartidas polo Xefe do Gabinete de Tráfico e o psicopedagogo deste servizo. A acción formativa consiste nunha breve charla introductoria, para pasar a actividades máis prácticas como son unha dramatización de situacións reais as que se enfrontan a diario, tanto como peóns como usuarios de vehículos, ou ao visionado de vídeos interactivos nos que teñen que guiar a distintos personaxes por unha cidade.

Estas actividades están orientadas a ensinar aos nenos a comportarse correctamente para transitar pola cidade e para viaxar en automóbil. Trátase de sensibilizalos sobre os perigos do tráfico e preparalos para evitalos. Unha das actividades máis eficaces é o achegamento dos aos sinais de tráfico, pois mediante reproducións a medida os pequenos aprenden a identificar os sinais co seu significado.

Esta experiencia concebíuse despois do éxito acadado nas pasadas edicións das Festas de Educación Viaria de 2006 e 2007, nas que o Gabinete de Tráfico instalou unha carpa con diversas actividades interactivas que despertaron moito interese entre pais e pequenos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova