Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Cortes de tráfico o sábado 16 e domingo 17 de xuño


# Venres, 15/06/2007
O sábado será na rúa San Pedro e o domingo na avenida da Coruña e na rúa Centolo

A rúa San Pedro estará cortada ó tráfico rodado e peonil no tramo comprendido entre as rúa Nóreas e Progreso debido á instalación dun camión bomba para as obras de formigonado do inmoble nº19. O corte farase efectivo entre as 8.00 e as 10.00 horas.

O Domingo día, 17 de xuño estará cortada ó tráfico a avda. da Coruña no tramo comprendido entre as rúa Montefaro e Manuel María debido á desmontaxe de dous guindastres de obra instalados nos nº 273- 275 e 290 – 292.
O tráfico de vehículos que se dirixa cara a saída da cidade será desviado pola rúa Montefaro e o de entrada pola rúa Manuel María. Os residentes e usuarios de prazas de garaxe poderan acceder os mesmos.

A rúa Centolo estará cortada ó tráfico o domingo, día 17 para o retirar un silo do interior dunha obra que se está executando no nº 6-8 da rúa Doutor Gasalla. O corte farase efectivo entre as 8.00 e as 10.00 horas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova