Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello recibe un premio da Fundación CEL pola promoción das Festas do San Froilán


# Venres, 09/03/2007
O galardón corresponde á 9ª Edición da Convocatoria Anual dos Premios da Fundación CEL

O Concello resultou galardoado co Premio Proxectos de Promoción Exterior na 9ª edición da Convocatoria Anual de Premios da Fundación CEL. A cerimonia de entrega ten lugar esta noite, ás 21:00 horas, durante unha cea de gala no Gran Hotel e o Alcalde, José López Orozco, recollerao en representación de todos os lucenses. Ao acto tamén acudirán a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela.

Este galardón supón un recoñocemento ao labor de promoción das Festas de San Froilán que deseñou o Concello co fin de dar a coñecer as festas patronais do ano 2005. Durante o mandato de José López Orozco o San Froilán acumulou os máis importantes recoñecementos como: Declaración de Festa de Interese Turístico Galego e Fiesta de Interés Turístico Nacional.

Este premio vén avalar a xestión municipal que elaborou diversas accións promocionais para difundir estas festas, (ducias de miles de carteis e dípticos, campañas de publicidade en todos os medios de comunicación, promoción do San Froilán en cidades españolas e europeas…) conseguindo que nestes últimos anos se convertiran nas máis populosas e famosas de Galicia chegando a recibir máis de 700.000 visitantes na derradeira edición.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova