Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aumentan un 131% os ingresos externos para sufragar as festas de San Froilán


# Luns, 26/03/2007
Esta mañá reuniuse a Comisión de Festas, que pechou o balance máis satisfactorio dos últimos anos

A Comisión de festas do Concello de Lugo reuniuse esta mañá para presentar e aprobar por consenso o balance económico das festas de San Froilán 2006.

Este balance foi presentado pola Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, quen explicou que o punto máis significativo do resultado foi o importante aumento rexistrado no capítulo de ingresos por parte das aportacións externas.

Explicou a Concelleira que este incremento respecto ao ano 2005 foi do 131%, pasando de 76.000 euros a 176.814. “Este é o camiño que temos que seguir porque notamos o interese de moitas empresas por ser promotores destas festas”, dixo.

Engadiu tamén que a nivel xeral aumentaron en proporción máis os ingresos que os gastos. Así, os ingresos subiron un total de 211.407 euros (de 662.000 a 873.407 euros) mentres que os gastos o fixeron en 32.000 euros (de 927.156 a 960.143 euros).

Destacou a Concelleira que “as festas pecharon cun balance moi positivo económicamente tendo en conta a relevancia e espectación que tiveron na pasada edición, cando foron declaradas Fiestas de Interés Turístico Nacional e estiveron nos diferentes días un total de 700.000 visitantes. É sin duda o balance máis satisfactorio dos últimos anos”, dixo.

Explicou también que no apartado de ingresos, ademais da aportación externa (sustentada principalmente por Caixa Galicia, Caixanova, Telefónica Móviles, Begano Coca Cola e a Xunta de Galicia) hai que sumar a aportación do Concello, de 199.500 euros, e a da propia Concellería de Cultura, de 86.736 (esta foi inferior á de outros anos).

Explicou tamén que durante a reunión foron tratados outros temas das festas deste ano. Aprobaron convocar novamente o Premio de Deseño Gráfico San Froilán e tamén para o cartel de San Froilanciño. No primeiro caso acordaron subir a contía do premio, entre 1.500 e 2.000 euros.

Así mesmo, acordaron convocar o concurso público para o alumeado ornamental cun orzamento de 26.000 euros, que supón una subida do IPC. Estudarán, como complemento, colocar este tipo de alumeado tamén na rúa Anxel López Pérez, “a pesar das dificultades que conleva ao non ter edificios en todo o tramo”, aclarou.

Por último, a Concelleira indicou que, tal e como quedaran o ano pasado, manteranse as concesión de solo aos feirantes sempre e cando abonen o canon correspondente no prazo previsto. Afirmou que non se esperan moitos cambios sobre este particular.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova