Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O prazo para participar nos concursos dos carteis de San Froilán e do San Froilanciño abre o día 1 de xuño


# Luns, 21/05/2007
O prazo para a presentación dos traballos permanecerá aberto ata o día 12 de xuño

A Concellería de Cultura convoca dous para elexir os carteis anunciadores das Festas do San Froilán e das actividades do San Froilanciño de 2007. O prazo para presentar os traballos en ambos concursos estará aberto entre os días 1 e ás 14:30 do 12 de xuño e todos os interesados os poden entregar ou mandar por correo postal á Concellería de Cultura e Turismo situada na Praza Maior, 1.

O Premio de Deseño Gráfico San Froilán 2007 convida a todos os artistas, creadores e afeccionados a participar con traballos propios e orixinais que recollan o espírito das festas patronais lucenses, que están consideradas as máis populares de Galicia acadando na pasada edición máis de 700.000 visitantes. O motivo e as técnicas son libres e os únicos requisitos de participación e que nos deseños debe figurar o texto: Lugo, San Froilán 2007, 4-12 de Outubro, Excmo. Concello de Lugo e os lemas “Festa de Interese Turístico Galego” e “Fiesta de Interés Turístico Nacional”. Asimesmo, debe aparecer o logotipo do Concello.

Este concurso é unha oportunidade moi interesante para os novos creadores, pois o cartel terá unha tirada masiva e a súa difusión por toda España supón unha promoción para o artista gañador. Ademais, este ano o premio ascende a 2.000 euros, aumentando con respeto ao ano pasado que foi de 1.500 euros. O xurado responsable da selección dos carteis estará formado por persoas cualificadas na materia.

As bases foron distribuídas por todas as escolas de arte e deseño de Galicia e nacionais, e enviadas a asociacións de artistas e creadores para fomentar unha maior participación e a calidade dos traballos.

San Froilanciño

Por segundo ano consecutivo, o Concello convoca o concurso de carteis San Froilanciño, que servirá para promocionar as actividades desta festa cun programa espacial para os máis pequenos.

Este certame vai destinado a rapaces menores de 15 anos, que poderán presentar as obras que desexen. As bases establecen como único requisito que figure o texto “Lugo, San Froilanciño 2007”. Os traballos deben ser orixinais e o motivo e as técnicas poden ser libres.

O premio consistirá nun agasallo acorde coa idade do gañador. Os traballos presentados ao concurso serán amosados nunha exposición.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova