Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

El Sueño de Morfeo actuará en Lugo durante o San Froilán


# Mércores, 06/06/2007
A Concelleira avanzou que o Concello contará cun programa de actividades culturais durante o verán

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, confirmou hoxe a información aparecida en dúas webs de programadores de concertos, pola que o grupo El Sueño de Morfeo actuará o día 10 de outubro en Lugo durante as festas de San Froilán.

Este grupo realizará durante o verán unha xira que significará unha parada en Lugo ese mesmo día. A actuación terá lugar na praza nova do Seminario a partir das oito e media da tarde.

A Concelleira indicou que aínda non están confirmadas o resto de actuacións que se celebrarán durante as festas pero adiantou que tanto El Sueño de Morfeo como o resto de concertos seguirán a tradición de ser gratuítos.

Por outra banda, adiantou que nos próximos días presentará unha programación de verán na que figuran actividades de todo tipo e para todas as idades e na que se ofrecerán novidades.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova