Cargando....
Concello de Lugo
06/05/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aproba as bases para a poxa pública de casetas e caldeiros do polbo de San Froilán


# Mércores, 11/07/2007
O prezo da ración de polbo increméntase 30 céntimos en dous anos

O Concello de Lugo aprobou este mércores en Xunta de Goberno, as bases técnicas e administrativas que van rexer a poxa pública para a instalación de casetas e caldeiros do polbo, neste San Froilán 2007.

Coma todos os anos, segundo explicou a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, ó tratarse de solo público, é necesario que existan estas bases. Haberá unha poxa pública, previsiblemente a comezos de agosto, e manterase o mesmo número de casetas e caldeiros que o ano pasado, cinco, así coma o seu prezo.

Burgo tamén anunciou que o que si experimentará unha pequena suba, será o prezo da ración do polbo “manténdose, iso si, con prezos moi populares”. En dous anos pasará de 6.20 a 6.50 euros a ración. O pan e os cachelos subirán tamén 20 céntimos, pasando de 0.80 a 1 euro.

O prego de condicións tamén é máis claro este ano con respecto á imposibilidade de que os empresarios que ganan na poxa un posto, poidan subrogalo a outro.

Concepción Burgo, referiuse ademais ós prezos das casetas e caldeiros. As casetas serán de 12.700 euros, 13.800 euros, 14.900 euros, 15.900 euros e 17.000 euros. Os caldeiros serán de 6.300 euros, 7.500 euros, 8.500 euros, 9.500 euros e 10.600 euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova