Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Corte de Tráfico o día 25 de Xullo, mércores


# Martes, 24/07/2007
Será na Ronda da Muralla

A ronda da Muralla no tramo comprendido entre a rúa Deputación e a porta de Santiago estará cortada ó tráfico o mércores día 25 dende as 8.00 e as 21.00 horas.

O corte é debido á instalación dun guindastre na ronda para colocar unhas vigas metálicas na obra de conservación e posta en valor da Muralla Romana e os restos arqueolóxicos anexos ó edificio da Vicerreitoría (praza Pío XII).

A circulación de vehículos da ronda desviarase pola rúa Deputación e ronda do Carme.

Os residentes e usuarios de garaxe poderan acceder os mesmos.

Quedará afectada a parada de bus urbano sita na ronda da Muralla fronte a porta de Santiago, os usuarios desta parada deberán desprazarse a seguinte sita na rúa Vilalba.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova